|
A Sala RUN RUM nace coa intención de crear un espazo alternativo en Ferrol para levar adiante actividades musicais e lúdico-culturais abertas a todos os estilos (pop, rock, folk, funky, fusión...) e a todas as asociacións e colectivos da comarca que queiran dispoñer dun
local onde realizar as súas actividades (exposicións, presentación de eventos, libros...).
Pensamos que Ferrol merece un local que poida acoller as distintas iniciativas cidadás no eido artístico-cultural sen atrancos e con amplitude de miras, coa intención de enriquecer o panorama cultural da nosa comarca, e todo isto dentro da "cultura de bar", nun ambiente
distendido e informal.
A Sala RUN-RUM quere ser música, danza, vídeo-creación, artesanía, deseño..., o reflexo do Ferrol no que nós cremos.
Por suposto a Sala é tamén un bar e, polo tanto, se pode alugar tanto a persoas como asociacións, colectivos, etcétera para organizar as actividades que consideren oportunas nun local perfectamente acondicionado (equipo de son, pequeno escenario, luces...) e situado
no centro de Ferrol.
|